3er Congreso Iberoamericano de Cultura Viva Comunitaria Ecuador.

  • Decembro 28, 2017
  • Muqi Muqi

Tecendo redes, creando novas institucionalidades e impulsado un novo mundo posible.

A semana do 20 a 26 de Novembro aconteceu un dos maiores encontros de cultura viva comunitaria Iberoamericana. Este 3ºer encontro tivo lugar en Quito, Ecuador. Coordinado por Cultura Viva Comunitaria Ecuador. As duas pasadas edicións tiveron lugar en Bolivia no 2011 e no Salvador no 2015. O movemento de cultura viva comunitaria vense consolidando como un referente para a organización social, cultural e política a través de un encontro bianual de iniciativas e proxectos distribuídos a través das axentes culturais que promoven o procomún e o traballo colaborativo dende prácticas diversas, colectivas e articuladas en distintos territorios e comunidades.

Este encontro xurde como impulsor de novas formas de facer, fronte as práctica neoliberais, capitalistas e patriarcais.

Un novo paradigma político, social e cultural vivimos as mais de 800 congresistas de 18 países que asistimos o 3er Encontro Iberoamericano de Cultura Viva Comunitaria Ecuador.

Comprendendo no territorio a cultura viva comunitaria que acontece na latinoamerica, o cambio emerxente da cultura, das artes, das economías, das políticas, das sociedades. Comprendendo estes procesos e traballando cara a articulación en rede e de forma distribuída de novos canles e procesos de conexión transnacionais para seguir dende a base na creación de un novo mundo posible.

Neste encontro aconteceron 13 círculos da palabra: Espazos abertos, horizontais e de dabate. Que consistiron en traballar propostas culturais, políticas, sociais, económicas, artísticas dende a base das persoas que vivimos e traballamos nestas realidades, cara a validación institucional e desta forma seguer tecendo e traballando no plenario final do 3ºer congreso que nos leva a seguir enredadas no 4º congreso no 2019 en Arxentina. Neste espazo de debate e construción de novos paradigmas sociais, participamos coordinando o circulo da palabra 2: Autonomía, Soberanía, Territorio y Autogoberno. Xunto Carlos Moreno coordinador nacional deste circulo. O circulo da palabra 2 tivo lugar na Universidade Andina Simón Bolívar. Neste encontro atopámonos xente de moitos territorios: Chile, Arxentina, España, Ecuador, Colombia, Brasil, Bolivia… A metodoloxía que plantexan as compañeiras de Cultura Viva Comunitaria Ecuador é a través da discusión aberta, compartir experiencias dende os contextos de orixe e prácticas da xestión. Contemplar a incidencia comunitaria e política dende os territorios. E abrir un espazo de estudo preliminar da lei orgánica de terras do Ecuador. Os círculos de palabras van definidos por mesas de traballo:

Mesa1. Gobernanza comunitaria e do Estado

Mesa2. Articulación, circulación e pasaporte comunitario

Mesa3. Converxencia de negritudes do atlántico, pacífico e dos andes

A través dunha asemblea xeral chegamos ao común de facer 2 mesas de traballo. Xuntar a mesa 1 e 3 dando lugar a unha mesa para traballar os comúns das Gobernanza Comunitaria. E a mesa Articulación, circulación y pasaporte cultural.

Na mesa de traballo Gobernanza Comunitaria, tratamos diferentes temas ao redor das ancestralidades, da soberanía alimentaria e da propiedade colectiva comunitaria, chegando ao punto clave que afecta a todos os territorios; a falta de autogobernanza e a falta de garantías cara autonomía dos territorios.

Esta situación crea unha actitude de defensa e de coordinación das loitas fronte aos modelos neoliberais. Ante isto comprendemos que o traballo da mesa de debate iría, a través do fío das comunidades afectadas pola lei Orgánica de Terras a través dos procesos de incidencia política comunitaria dende os territorios en Ecuador, Colombia, Chile e Brasil. De esta forma impulsamos xerar estratexias para fomentar a integralidade das prácticas comunitarias da cultura viva dos pobos que xorden dende a soberanía e a autonomía territorial, impulsando a transformación das institucións do estado. Xerar novos canles para intervir na institución dende as comunidades e as necesidades reais destas.

A medida que o debate avanza coñecemos as diferentes realidades. En Chile non existen modelos de gobernanza territorial. Non se logrou ate o momento estruturar procesos colectivos comunitarios dende a autonomía territorial. No caso Mapuche, dase un xenocidio estrutura da comunidade, pasando pola militarización, o tratamento ilegal, fomentando a lei de propiedade privada que exerce procesos de pacificación a través da expropiación dunha forma dominante e violenta dos territorios orixinarios Mapuche, e favorecendo a concesión sistemática de terras a colonos europeos e criolos terratenentes. Isto acontece nun contexto dun goberno en democracia. E nos mostra a debilidade das estrutura comunitarias.

Acontecendo isto as colectividades de creadores artísticos xeraron políticas públicas para a xestión, creación e intervención artística dos procesos culturais para a transformación social. E unha vez mais son perseguidas por o estado militarizado. Isto fai que as redes comunitarias artísticas sexan cooptadas polos intereses capitalistas. Ante isto xéranse dende as comunas procesos autónomos, descentralizados e ábrese un diálogo coas administracións locais de cultura, xerando así, puntos de cultura establecidos en territorios suburbanos contra o monopolio. Por exemplo ‘’La Recoletta’’ xerase como un escenario de gobernanza popular e comunitaria. Este movemento xera creación de escolas abertas, farmacias populares, bibliotecas populares, activades e obradoiros de (in) formación colectiva.

No caso ecuatoriano o estado recoñece as comunas, comunidades, pobos, nacionalidades e os pobos afroecuatorianos. A propiade colectiva destes territorios é imprescindible, inembargable, inalienable . A problemática a xera os recursos non renovables: Petróleo, Oro… etc. Isto xenera problemática cos modelos extractivistas do goberno progresista ecuatoriano.

Durante o debate falamos da historia da Comuna Río Santiago Cayapas. Foi mercada de forma colectiva e pagada con ouro a unha dona de facenda. As comuneiras teñen posesión territorial, simbólica pero non legal fronte o Estado, xa que existe unha pugna pola autonomía fronte os recursos renovables e non renovables. Xurdiu unha rede de organizacións pola defensa do territorio contra as transnacionais, e un gran factor foi a representación e a loita da comunidade e nacionalidade Chachi.

No caso de Brasil a Constitución protexe a propiedade privada ao tempo o ben social o que provoca unha contradición interna e un contra discurso por parte da institución.

No caso da comuna Valdivia deuse un proceso de recuperación do territorio en disputa co Mar Fragatta corporación empresarial que quer inverter nun territorio onde hai vestixios antigos dos pobos orixinarios.

A mesa remata na disputa sobre unha visión da cultura como espazo de vida, de cultivo da vida, fronte as praxes hexemónicas. A cultura vista dende o procomún, dende o propio e o axeno, mediante o cal posibilitase falar da cultura do auga, da enerxia, da agricultura, das tradicións, das formas de habitar o territorio, do patrimonio material e inmetarial.

Unha das conclusión desta mesa é que debemos impulsar modelos orgánicos horizontais e distribuídos, apropiarnos das culturas, das economías, das artes, das comunas, da soberanía alimentaria, dos territorios, e dos modelos que pertencen as persoas que o habitan, unificar as loitas cara unha loita contra o Estado e toda a súa forma vertical de poder.

Recollo literalmente a resposta da nosa compañeira chilena pertencente a Rede Coordinadora de Cultura Viva Comunitaria Comunitaria Chile, Rosita Serrano; “A Arte coma unha forma de reclamar dereitos”

Na Mesa 2 Articulación, circulación e pasaporte cultural comezamos considerando o desenvolvemento do espectro público e privado nas comunidades e accións culturais. Pensando o empoderamento das comunidades como propios puntos de cultura cara a validación de embaixadas culturais, e facendo así xurdir as novas institucionalidades do común.

Nesta mesa de traballo abordamos a creación dunha plataforma que facilite o intercambio e circulación de saberes e persoas dunha forma colaborativa, horizontal e distribuída. Fomentando a mobilidade como proceso de Pluriversidade Libre (O concepto de Pluriversidade Libre xurde como forma decolonizadora da epistemoloxía eurocéntrica do termo “Universidade” coma único recoñecemento duns saberes excluintes) que de pé á libre circulación entre os países adheridos a Cultura Viva Comunitaria, e de axentes sociais a coñecer a aprender dos movementos, procesos e ferramentas que están a acontecer en cada territorio.

Considerando que a creación dun ‘’Pasaporte Cultural’’ constituiría unha ferramenta para afianzar o estructuramento de todas as formas de traballo ao redor da cultura que se traballan en cada territorio e contexto. Entendendo este ‘’Pasaporte Cultural’’ como una ferramenta distribuída e do común na que as propias comunidades fomenten e favorezan o recoñecemento dos gobernos e institucións culturais de cada país. Este pasaporte abre novos procesos de educación partindo da base de crear unha nova institucionalidade a Pluriversidade libre de Saberes, onde cada comunidade adherida a estas ferramentas, opera coma unha Pluriversidade de Saberes e como un punto de cultura. Onde desenvolve un proceso empírico de formación e validación do coñecemento, facendo que cada comunidade integre este sistema co fin de crear un movemento mundial de novas formas de aprender e ensinar.

Baixo este círculo de palabra, sacamos conclusións e compromisos para seguir traballando en rede todas as persoas participantes, e seguir xerando estes novos aplicativos comúns a través da distribución de poderes e territorios.

Neste camiño de alternativa e pensamento neste 3ºer congreso seguemos traballando en rede cara a construción dun novo paradigma cultural posible e atopamos moitas parceiras coas que compartimos procesos, pensamentos, proxectos… e comezamos a artellar. As compañeiras de Nodo Cultural Córdoba en Arxentina coas que partillamos sobre modelos de residencia, de vivencia e de habitar o espazo. Dende chile Eduardo Duarte da Universidade Popular, conversas nas que empoderamos o pensamento do pasaporte cultural xerando accións comúns cara a mobilidade de diferentes axentes nun proceso de Pluriversidade Libre entre Chile e España. Compartimos co Colectivo Cultural El Faro coordinado por Virginia Degrandi partillando sobre procesos de dinamación social a través da xestión cultural. Trocando procesos de residencias artistas e procesos culturais con Javier Valencia de Perú coordinador da Compañía Anaqueronte, artellando entre espazos unhas mobilidades entre Perú e Europa cara abrir novos procesos sociais baixo o eixo da cultura e a escea. Ayda Arcos da Asociación Funafro de Colombia que traballan nos campos das migracións e negritudes. Con Rosita, Falu e Julian do Movemento Nacional de Murgas Independentes e da Rotonda Cultural de Arxentina, construíndo baixo a necesidade común da reapropiación cultural dos territorios. Partillamos procesos culturais coas persoas que fan parte do Consorcio Cultural ‘’La Compañía’’ de Lima-Perú. Atopamos a Nira Pose artelladora do Parque dos Fogones en Uruguay, centro cultural, trocando procesos sobre a necesidade de xerar vínculos estables entre os espazos sociais e a apropiación natural das veciñas destes espazos, da articulación de redes parceiras cara a construción dun movemento cultural de base comunitaria.

Finalmente chegamos a plenaria final xeral onde os diferentes grupos de traballo puxemos en común o traballo realizado, acordamos seguir conectadas en Rede para no seguinte encontro iberoamericano de cultura viva comunitaria Argentina 2019 seguir traballando na construción destes novos aplicativos comúns para o común. Actualmente case 1 mes despois do encontro, podemos dicir que estamos ben conectadas con moito do territorio latinoamericano, ideando diferentes proxectos culturais de fortalecemento en Rede, trocando mails e ferramentas distribuídas cara tecer unhas redes sólidas e duraderas.

Agradecendo a asemblea sobre os acordos do consello latinoamericano. Esta asemblea permitiu a todas as colectividades que participabamos por primeira vez neste encontro, a comprender a articulación, os principios eo traballo desenvolvido ata agora na cultura viva comunitaria, e desta forma, permitirnos as novas axentes sociais facer parte deste proceso comunitario vivo e que xuntas estamos a reconquistar.

Seguimos traballando, agora cada unha dende o noso territorio, e xuntas a través de redes descentralizadas, promovendo entre a aldeanía manter a cultura propia viva e latente, fronte a gran mentira que nos venden os Estados capitalistas, colonialistas, patriarcais, opresores e individualista. Moitas de nos temos claro que o camiño a seguir e a desobediencia, a autonomía e a soberanía e o 3er encontro iberoamericano de Cultura Viva Comunitaria nos fixo darnos contas que non imos mal no camiño e que somos moitas dende diferentes puntos as que estamos traballando no mesmo fin.

%d bloggers like this: